Volver

Entre flores e follas

Centro: CEIP Campomaior, Ordes (A Coruña), e Colexio Santiago Apóstol, Bos Aires
Curso: 2025-2026

Proxecto de intercambio entre o CEIP Campomaior de Ordes e o Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, onde tamén se ensina galego. Unha iniciativa coa que se pretende dar a coñecer como é a vida en dous hemisferios diferentes, como se celebran as datas sinaladas ou cales son os xogos e costumes tradicionais de cada lugar. Este padlet colaborativo inclúe experiencias, creacións e achegas que visibilizan o traballo conxunto entre o alumnado de ambos os dous centros.