Estróbilo
Centro: IES Menéndez Pidal, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
O pasado 10 de decembro, na sede da Secretaría Xeral da Lingua (SXL), outorgáronse os premios aos mellores audiovisuais presentados ao Concurso Galego de Vídeos Científicos (Novos Piliedros) promovido por Igaciencia, co apoio da SXL, para fomentar o uso do galego no eido da ciencia.
Entre os galardoados atopamos este vídeo explicativo sobre a elaboración do poliedro Estróbilo realizado por un grupo de estudantes do IES Menéndez Pidal da Coruña. Parabéns ao alumnado e ao profesorado responsables da actividade!