Volver

A voz nunca morre

Centro: CEIP Plurilingüe A Cristina, Carballo (A Coruña)
Curso: 2025-2026

A voz nunca morre é o título desta fermosa canción, con letra e música do profesor José Carbia e interpretada polo alumnado de CEIP Plurilingüe A Cristina, para conmemorar o Día de Rosalía. A peza, que inclúe algúns dos versos máis coñecidos da autora, xa se converteu na banda sonora do novo vídeo publicitario do Concello de Carballo. Parabéns a José e ás nenas e nenos deste centro por este excelente traballo!