Volver

Cuestionario Proust e entrevista a Rosalía

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Dende o EDLG do IES Eusebio da Guarda da Coruña chéganos unha entrevista a Rosalía e un cuestionario Proust á nosa ilustre poetisa realizados polo alumnado de 3º de ESO E, para conmemorar o 23 de febreiro. Un traballo rigoroso no que non falta a imaxinación e o humor, que aparece incluído no último número do xornal Novas do Eusebio. Parabéns a todas/os polo traballo!

Alén desta data, tamén se conmemorou o Día da Lingua Materna coa tradución a todos os idiomas que se imparten no instituto da expresión "Feliz Día da Lingua materna!"