Volver

O barrio en feminino

Centro: CEIP Plurilingüe Concepción Arenal, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Experiencia educativa desenvolvida no CEIP Plurilingüe Concepción Arenal dende o ano 2018 que pretende reivindicar o papel das mulleres na historia recente da cidade coruñesa. O documental déixanos unha mostra gráfica deste excelente proxecto protagonizado polo alumnado de 6º de primaria que contou co acompañamento e guía dos docentes Pepe e Davinia así como de Cristina de la Torre.