Volver

Edificios da Coruña (exposición fotográfica)

Centro: CEIP Emilia Pardo Bazán, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Exposición composta por once fotografías dos edificios e lugares máis emblemáticos da cidade herculina segundo a escolla da comunidade escolar do CEIP Emilia Pardo Bazán. Cada unha destas imaxes ten un pé no que se explica a súa historia e as súas características principais. As fotos de Manolo Bouzón, veciño da zona, estarán expostas no recibidor do centro coruñés, dende o 8 de abril ata o 19 de xuño. Parabéns pola actividade e grazas por compartila!