Aquí tamén se fala (adhesivos)
Curso: 2025-2026
Un ano máis, o EDLG do IES Rafael Dieste da Coruña presenta a campaña Aquí tamén se fala galego, co obxectivo de que as rapazas e os rapaces galegos se impliquen directamente no espallamento da nosa lingua na súa contorna máis próxima (comercios, institucións...). Nesta ocasión, a iniciativa está apoiada pola Secretaría Xeral da Lingua, que distribuirá estes adhesivos dinamizadores entre todos os centros educativos que se queiran sumar á proposta.
O profesorado interesado en participar debe remitirlles a petición ás coordinacións territoriais dos EDLG e aos gabinetes provinciais de normalización lingüística, xa que serán os responsables dos envíos. Cómpre indicar o nome do centro solicitante e o enderezo deste.
A Coruña: purificacion.galan.boutureira@xunta.gal
Lugo: pilar.teijeiro.diaz@xunta.gal
Ourense: mmaseda@edu.xunta.es
Pontevedra: ivalino@edu.xunta.gal