Videoconto: "A calzada do xigante"

Centro: EEI A Marisma, Redondela (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

Toda a cativada da EEI da Marisma participou na ardua elaboración deste videoconto baseado na lenda celta da Calzada do Xigante, unha formación xeolóxica irlandesa que é Patrimonio da Humanidade. Primeiro realizaron as espectaculares ilustracións coa técnica da colaxe; a seguir, escribiron a historia e, para rematar, coas súas voces, dramatizárona e gravaron este xenial traballo.

Ligazóns relacionadas