Karaoke do "Alalá das Mariñas", homenaxe a Begoña Caamaño

Centro: CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

No blog do EDLG do CEIP do Carballal "O recuncho de Tambo", xa puxeron á nosa disposición este recurso interactivo para prepararmos a homenaxe a Begoña Caamaño, figura das Letras Galegas deste ano. Trátase do karaoke que nos permite ensaiar a letra da que foi a súa canción favorita: O Alalá das Mariñas, interpretada con moito agarimo por dous docentes deste centro marinense.

Ligazóns relacionadas