Desafío 72 h

Centro: IES Rego da Trabe e CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Sofía Casanova, CEIP Vila de Rutis, Culleredo (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Iniciativa organizada polo EDLG do IES Rego da Trabe de Culleredo para conseguir o reto de falar en galego durante tres días. Este ano, como novidade, tamén se sumarán ao Desafío 72 h os colexios adscritos a este instituto: CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Sofía Casanova e CEIP Vila de Rutis.

Coma en cursos anteriores, establécense tres graos de implicación en función do nivel de compromiso (só no instituto, no instituto e no fogar e en todos os contextos da vida cotiá). Todas as persoas participantes na iniciativa asinan un contrato lingüístico que acredita a súa participación.

Ligazóns relacionadas