Que grande, Begoña!

Centro: CPR Amor de Dios, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

Este vídeo dános unha idea do enorme traballo que no CPR Amor de Dios levan feito este curso para coñeceren e divulgaren a figura de Begoña Caamaño, que foi alumna deste centro vigués. A coordinadora do EDLG, María Navarro, promoveu distintas actividades sobre a escritora segundo os niveis educativos, de maneira que partipasen todos, entre elas: investigacións, manualidades, representacións teatrais, sentidas cartas dirixidas a ela ou entrevistas a algunhas profesoras que foron compañeiras súas.

Parabéns por esta homenaxe tan especial que se presentou no Festival das Letras do colexio, coa presenza da emocionada irmá da autora, Beatriz Caamaño, tamén exalumna.

Ligazóns relacionadas