Centenario da Xeración das Vangardas

Centro: IES Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Os corredores do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda acollen esta excelente exposición sobre os movementos de vangarda e a súa repercusión en Galicia. Unha merecida homenaxe, coordinada por Teresa Pastor, que lles renden ás vangardas galegas as alumnas e alumnos de 3ª de ESO E e 2º de BACH C e F, con motivo do seu centenario. A mostra compleméntase coa Sonatina ao estilo clásico, unha peza vangardista composta para a ocasión por Faustino Porras, profesor de Música deste instituto coruñés.

Ligazóns relacionadas