Semana das Letras Galegas

Centro: CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)
Curso: 2025-2026

A semana das Letras Galegas convértese nunha auténtica festa no CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo. Entre as iniciativas desenvolvidas polo EDLG deste centro, atopamos tanto materiais didácticos sobre Begoña Caamaño como actividades lúdicas: exposicións, xogos de escape, un concerto, e ata unha foliada con romaría para rematar a celebración.