ArgaQuest: Xogo en liña colectivo para a aprendizaxe e práctica do vocabulario

Centro: IES Fernando Wirtz, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Xogo multixogador en liña orientado á práctica e á ampliación do vocabulario en lingua galega. En cada partida os xogadores reciben un conxunto de letras (vogais, consoantes e comodíns) e deben formar palabras nun tempo limitado, obtendo puntos en función da súa lonxitude. As palabras introducidas son validadas automaticamente no dicionario da Real Academia Galega. O xogo permite a participación de varios xogadores, tanto nunha aula como a distancia, e incorpora un módulo de intelixencia artificial que pode actuar como xogador adicional.

Enlaces relacionados