As linguas do Bragade

Centro: CEIP Plurilingüe Bragade, Oza-Cesuras (A Coruña)
Curso: 2026-2027

Compilación de cancións en distintas linguas reinterpretadas polo alumnado do CEIP Plurilingüe Bragade de Oza-Cesuras para conmemorar o Día Europeo das Linguas que se celebrará o vindeiro 26 de setembro.

Esta selección é só unha pequena mostra da aposta que fai este centro por promover o plurilingüismo e a integración lingüística e cultural a través da música, sempre co galego como canle imprescindible para a tradución e o subtitulado das pezas escollidas.