Premio aRi[t]mar á Mellor Poesía do Ano 2025

Centro: EOI Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Despois de rematar o prazo para seleccionar os mellores poemas galegos e portugueses do ano 2025 propostos na primeira fase deste concurso promovido pola EOI de Santiago de Compostela co apoio da SXL, xa coñecemos as poesías gañadoras.

Así, o público participante nas votacións decidiu que Un mar que soña, de Andrea Nunes Brións, fose a Mellor Poesía do 2025 en Galicia e Indigestão, de Ana Gago, a Melhor Poesía de 2025 en Portugal. Os galardóns das dúas categorías completáronse con V de Elisabeth Oliveira e A Incomunicación de Andrea F. Maneiro para Galicia; e Trocar de água de Daniel Jonas e Música de Ninar no Buraco de Pedro Pereira Lopes para Portugal.

As gañadoras recibirán o seu premio na gala aRi[t]mar, que se celebrará no outono e contará coa presenza e as actuacións musicais de Uxía e MAR.

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas