Temos dispoñibles para consulta 691 contidos
Os Bolechas na máquina do tempo
29/05/2015 07:22

Os xa famosos Bolechas, deseñados por Pepe Carreiro, volverán darse cita desde a primavera cos seus amiguiños e amiguiñas máis fieis, a cativada de entre 4 a 8 anos, nunha nova viaxe chea de aventuras e de diversión.

Estamos no verán!!!
29/05/2015 07:22

Arranca a cuarta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes! E faino, coma sempre, con propostas de lecer en galego pensadas para todas as idades coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia. As novas actividades chegarán desde marzo e ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan na RDL en concellos da súa competencia territorial.

Os Bolechas e o Sabichón
18/04/2015 07:22

A coñecida familia Bolechas, deseñada por Pepe Carreiro, chega desde esta primavera a 57 concelllos da Rede de Dinamización Lingüística para facer as delicias dos cativos e cativas de 4 a 8 anos.

Brinca vai!
17/04/2015 07:22
06/03/2015 07:22

Este concerto de fados en galego para público de todas as idades é boa mostra de que calquera tipo de música se pode facer na lingua propia de Galicia

06/03/2015 07:22

A primeira actividade que petou á porta de FalaRedes 2014 foi o concerto Toc Toc, de Pablo Díaz, dirixido a público familiar.

06/03/2015 07:22

As fabas máxicas é unha proposta teatral pensada para nenos e nenas de máis de 4 anos e as súas familias, que gozarán do espectáculo tanto coma os cativos por mor da coidada escenografía, do humor e da poesía con que se vai tecendo a historia.

06/03/2015 07:22

FalaRedes 2014 inclúe unha nova edición da xincana Augalingua, que combina actividades de lingua con outras de habilidade e de velocidade

No colo da fala
05/03/2015 08:44

Os primeiros xogos coas palabras son unha vivencia esencial da cultura que compartimos e unha maneira de aprender e de crear lazos de unión entre pais/nais e fillos/fillas. Coas palabras, coas cantarelas e cos enredos transmítense afectos, acougo para adormecer e motivación para espertar os sentidos. Tamén axudarán a iniciar de maneira lúdica o neno ou a nena na lingua galega, nos ritmos, na rima, na psicomotricidade. Velaquí tedes algúns xogos e cantigas para dicirlle con moito agarimo.