Os Axóuxeres 2008
No mes de setembro chega unha nova edición da Festa dos Axóuxeres, un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Durante todo o mes, os encontros achegaranse a 5 vilas galegas, onde os nenos poderán acudir de balde coas súas familias.

Tras a realización das Festas dos Axóuxeres 2008, vén o tempo dos Encontros dos Axóuxeres, un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia, nun formato máis recollido. Durante os meses de outubro e novembro, os encontros achegaranse a 9 vilas, onde os nenos poderán acudir de balde coas súas familias. Os Encontros dos Axóuxeres continuarán no primeiro trimestre do 2009, con 16 novas datas e localidades de toda Galicia. Sempre con reserva previa no número 686 16 08 79.
Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.
Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro…, un encontro para festexar a lingua galega.