O galego campa 2011

"O galego campa!" é o novo programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destinado aos campamentos de verán.

O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlles recursos aos monitores e monitoras para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresaren nesta lingua.

Dispostos para cantar? Dispostas a xogar e recompoñer letras? Aquí as tedes. Para que lles deades unha volta, para adiante e para atrás. Podedes escoitalas, descargalas e animarvos a participar. Tamén están dispoñibles as fichas de actividade, para os monitores e monitoras dos campamentos que as queiran empregar. Bo verán 2011!