O galego campa 2015

O galego campa! é un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destinado aos campamentos de verán. O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais facilitarlle formación e recursos ao monitorado para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresaren nesta lingua.

Presenza en 17 campamentos

Este ano, O galego campa! chega máis lonxe ca nunca, pois terá presenza en 17 campamentos da Xunta que se desenvolven no marco do programa Acción de Verán 2015 con dúas actividades diferentes, entre as que o monitorado elixiu aquela que mellor cadraba coa temática ou a dinámica de cada un.

A primeira das actividades, que desenvolve nesta edición a empresa de intervención educativa O Falcón Branco,  é a xincana lingüística "Galicia, terra de artistas", unha divertida serie de probas que combinan habilidades físicas e intelectuais para, ademais de divertir, sacar á luz o artista que todos os galegos levamos dentro. Esta xincana chegará aos seguintes campamentos:

  • Campamento Xuvenil Espiñeira (Boiro, A Coruña)
  • Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa, Pontevedra)
  • Albergue Xuvenil Mariña Española (Bergondo, A Coruña)
  • Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo, Lugo)
  • Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto (Entrimo, Ourense)
  • Estación de Montaña de Manzaneda (Manzaneda, Ourense)


Paralelamente, desenvolverase a segunda das actividades prevista para este verán. O Consello de Galegos Ilustres (integrado polos dinamizadores Brais Fernandes e Xavier Mugardos) levará os seus contacontos en formato acústico de guitarra e voz a estes campamentos:

  • Campamento Xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son, A Coruña)
  • Campamento Xuvenil Furelos (Melide, A Coruña)
  • Albergue Xuvenil Mariña Española (Bergondo, A Coruña)
  • Albuergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo, A Coruña)
  • Campamento Xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei, Lugo)
  • Albergue Xuvenil Area (Viveiro, Lugo)
  • Alberbue Xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín, Lugo)
  • Albergue Xuvenil A Devesa (Ribadeo, Lugo)
  • Estación de Montaña de Manzaneda (Manzaneda, Ourense)
  • Campamento Xuvenil de Pontemaril (Forcarei, Pontevedra)
  • Campamento Xuvenil Illa de Ons (Bueu, Pontevedra)
  • Albergue Xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín, Lugo)

 

 

Repositorio dixital de materiais de lingua, tempo libre e mocidade


Alén das actividades presenciais de dinamización lingüística nos campamentos, O galego campa! 2015 incorpora como novidade un repositorio dixital de materiais e propostas específicas de lingua, mocidade e tempo libre.

As primeiras fichas deste repositorio, que se suman aos materiais publicados en pasadas edicións, están xa a disposición do monitorado dos campamentos e doutras persoas interesadas.