Nadal en Rede 2016

Un ano máis, a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) pon en marcha o programa Nadal en Rede, co que convida a todos os galegos a celebrar estas festas no idioma propio de Galicia.

  • O castiñeiro do Apalpador

    O castiñeiro do Apalpador

  • O castiñeiro do Apalpador

    O castiñeiro do Apalpador

  • O castiñeiro do Apalpador

    O castiñeiro do Apalpador

  • Obradoiro de xogos e xoguetes en galego

    Obradoiro de xogos e xoguetes en galego

Para iso, a Rede pon a disposición da cidadanía ferramentas dixitais e mais actividades para encher de lingua galega os momentos de ocio e de celebración.

Os Bolechas, Nadal en familia

Os Bolechas percorrerán 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para celebrar o Nadal cos nenos e nenas, a quen acompañarán mentres estes xogan. Haberá concurso e exposición de postais; cartas aos Reis Magos; contacontos; xogos populares; sorteo de libros; obradoiros de chapas, de maquillaxe, de debuxo... e moitas outras actividades divertidas en galego para toda a familia.

Velaquí as datas e os lugares onde poderedes atopalos:

DECEMBRO

  • Sábado 17, A Pobra do Brollón, na Casa da Cultura Olga Novo, de 16:00 a 20:00 horas
  • Domingo 18, Barbadás, no CEIP Filomena Dato, de 16:00 a 20:00 horas
  • Xoves 22, Rianxo, na praza de abastos, de 16:00 a 20:00 horas
  • Venres 23, Sanxenxo, no pavillón polideportivo de Baltar, de 16:00 a 20:00 horas
  • Luns 26, Santa Comba, no complexo deportivo municipal Fontenla, de 16:00 a 20:00 horas
  • Mércores 28, Rois, no pavillón polideportivo Dices-Rois, de 16:00 a 20:00 horas
  • Venres 30, O Porriño, no pavillón polideportivo, de 16:00 a 20:00 horas

 XANEIRO

  • Martes 3, O Rosal, na sala multiúsos, de 16:00 a 20:00 horas
  • Mércores 4, Padrón, no pavillón do Souto, de 16:00 a 20:00 horas
  • Sábado 7, Barreiros, no pavillón municipal de San Cosme, de 16:00 a 20:00 horas

Cos Reis Magos, en galego

Como outros anos, seguen estando a disposición dos concellos pertencentes á RDL e das familias modelos de cartas para escribirlles na nosa lingua ás súas maxestades de Oriente, así como a ferramenta "resposta dos Reis Magos" para que os nenos e nenas poidan recibir unha  mensaxe personalizada de Melchor, Gaspar e Baltasar escrita en galego.

O Portal da Lingua Galega tamén lles ofrece aos Reis discursos que poderán ler a noite da cabalgata para que todos poidamos sentilos falar no idioma propio de Galicia.

E tamén co Apalpador

Para os que prefiran ou queiran coñecer outras figuras tradicionais do Nadal galego, a RDL presenta a peza de monicreques "O castiñeiro do Apalpador". Nesta obra, dirixida a público de máis de 3 anos, o propio Apalpador será quen lles conte aos asistentes por que reparte castañas entre os nenos e nenas durante o Nadal. A compañía Fantoches Baj levará este espectáculo aos 10 concellos seguintes: 

DECEMBRO

  • Sábado 17, Trazo, no Centro Social Polivalente (Viaño Pequeno), ás 12:00 horas
  • Sábado 17, Aranga, no Pavillón Municipal A Castellana, ás 18:00 horas
  • Xoves 22, O Incio, na Sala Multiúsos, ás 18:00 horas
  • Sábado 24, O Carballiño, no Auditorio Municipal, ás 12:00 horas
  • Martes 27, Manzaneda, na Aula de Lecer do CEIP Manzaneda, ás 18:00 horas
  • Mércores 28, Castro de Rei, na Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea, ás 16:00 horas
  • Xoves 29, Muros, no Auditorio Municipal, ás 18:00 horas
  • Venres 30, Taboada, no salón de actos da antiga casa cuartel, ás 17:00 horas

XANEIRO

  • Martes 3, Ribadumia, no Auditorio Municipal, ás 16:30 horas
  • Mércores 4, Coristanco, na Casa da Cultura, ás 17:00 horas

Xoguetes en galego

O Nadal é tempo de xoguetes e a RDL quere apoiar os xogueteiros e xogueteiras que os desenvolven na nosa lingua, animar os pequenos e pequenas a empregar o galego nos seus xogos e aos seus pais e nais a transmitírllelo compartindo con eles espazos de ocio na lingua propia de Galicia. Con estes obxectivos, a Rede de Dinamización Lingüística incluíu na súa programación un Obradoiro de xogos e xoguetes en galego que desenvolverá a empresa xogueteira Brazolinda en 10 concellos: 

DECEMBRO

  • Sábado 24, Verín, no Pavillón dos Deportes, ás 10:00 horas
  • Luns 26, Carnota, na Axencia de Lecturas, ás 17:30 horas
  • Martes 27, Abegondo, na biblioteca pública municipal San Marcos, ás 11:00 horas
  • Martes 27, Guitiriz, na Casa Habanera, ás 17:00 horas
  • Mércores 28, A Peroxa, no Edificio Multiúsos, ás 10:30 horas
  • Mércores 28, O Grove, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, ás 18:00 horas
  • Xoves 29, Tordoia, na Casa da Cultura, ás 11:00 horas
  • Venres 30, Cariño, no local social da Casa do Concello, ás 11:00 horas
  • Venres 30, Cabanas, no Local Social das Viñas, ás 17:00 horas

 XANEIRO

  • Sábado 7, Barro, no Pazo da Crega, ás 17:30 horas

O obradoiro está destinado a familias con nenos e nenas entre os 2 e os 10 anos que queiran pasar unha tarde divertida. Durante un par de horas, o persoal dinamizador iralles amosando como empregar diferentes xogos de mesa cos que despois cada participante poderá continuar enredando libremente. Ao final da sesión, os asistentes elixirán un deses xoguetes para quedar no concello en que se realizou a actividade, co fin de que teñan ocasión de volver usalo no futuro.

Nadal de vila en vila

Os músicos Uxía e Santi Cribeiro desenvolven un obradoiro participativo para familias con nenos de 4 anos ou máis, ás que se lles pedirá que axuden a contar un conto musical de Nadal unindo as súas voces e acompañándoas con instrumentos de percusión que lles serán entregados para a ocasión. Deste xeito, irán coñecendo panxoliñas, xaneiras, cantares de reis e aguinaldos que poderán repetir nas súas casas durante as festas, para celebraren en galego estas datas tan especiais.

Nadal de vila en vila estará presente nos seguintes concellos da RDL:

DECEMBRO

  • Xoves 22, Boborás, na Casa do Concello, ás 12.00 horas
  • Xoves 22, Toques, na Aula da Natureza, ás 20.00 horas
  • Venres 23, Mazaricos, no auditorio da Casa da Cultura, ás 17:00 horas
  • Luns 26, Toén, na Casa da Cultura de San Pedro de Moreiras, ás 17:30 horas
  • Martes 27, Redondela, no Auditorio da Xunqueira, ás 18:30 horas
  • Venres 30, O Grove, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas

XANEIRO

  • Luns 2, Cerdedo-Cotobade, no Centro Cultural de Cerdedo, ás 17:30 horas
  • Martes 3, Malpica de Bergantiños, no auditorio do Centro Cívico, ás 12.00 horas
  • Martes 3, Neda, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas
  • Xoves 5, Xove, no salón de actos do Centro Cívico, ás 12:00 horas

Cantarolas pra xente miúda

Máis cancións da man de Senén Vaamonde e de dous músicos do grupo A Roda, que ofrecen un concerto didáctico para que os nenos e nenas galegos coñezan un proxecto, Cantarolas pra xente miúda, que compartiron dúas das figuras máis representativas da historia da música e das letras galegas: Suso Vaamonde e Xosé Neira Vilas. Este concerto didáctico para nenos e nenas a partir dos 2 anos de idade chegará este Nadal aos seguintes lugares:

DECEMBRO

  • Mércores 21, Oroso, na Casa da Cultura de Sigüeiro, ás 18:00 horas
  • Xoves 22, Ourense, no Auditorio Municipal, ás 18:00 horas
  • Venres 30, Mondoñedo, na Casa da Cultura, ás 19:00 horas
  • Luns 26, Xinzo de Limia, na Casa da Cultura, ás 19:00 horas
  • Martes 27, Oleiros, no Centro Cultural A Fábrica, ás 19:00 horas
  • Martes 27, A Laracha, na Casa da Cultura, ás 17:00 horas
  • Mércores 28, O Vicedo, na Casa da Cultura, ás 19:00 horas
  • Xoves 29, Ponte Caldelas, na Casa da Cultura, ás 18:00 horas

 XANEIRO

  • Luns 2, A Estrada, no MOME, ás 20:00 horas
  • Martes 3, Dumbría, na Casa da Cultura, ás 17:00 horas

 

 

Axenda

Ver todas