-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
O galego campa 2017
Bota a andar unha nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlle formación e recursos ao monitorado para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua.
O galego campa nas actividades de verán para a mocidade da Xunta de Galicia. A undécima edición deste programa de dinamización lingüística bate o seu propio récord e fai parada en 19 campamentos que se celebran en xullo e agosto en 15 instalacións diferentes. Deste xeito, chega a 1500 rapaces e rapazas participantes na Acción de Verán 2017 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e aos seus monitores e monitoras. Velaquí os campamentos onde se desenvolverá:
- Bib bang Illa. Campamento Xuvenil Illa de Ons (Bueu)
- Explora o Courel. Albergue Municipal de Quiroga
- Bailamos? Albergue Equal (Coles)
- Candilexas. Campamento Xuvenil Espiñeira (Boiro)
- Aventura_T. Campamento Xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei)
- Natureza no Camiño. Campamento Xuvenil Furelos (Melide)
- Multiaventura: medioambiente e mar. Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo)
- Acampada a carón do mar. Campameneto Xuvenil A Devesa (Ribadeo)
- Teatro e aventura na natureza. Albergue Xuvenil Penedos de Xacinto (Entrimo)
- Aventura nas Mariñas. Albergue Xuvenil Marina Española (Sada)
- A miña primeira aventura. Albergue Xuvenil Pontemaril (Forcarei)
- Aventura na natureza. Albergue Xuvenil Pontemaril (Forcarei)
- Multiaventura. Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo)
- Laboratorio de ideas. Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo)
- Hípica e natureza. Albergue Equal (Coles)
- Ven a explorar con nós. Complexo O Corgo (Muíños)
- Natureza xunto ao mar. Campamento Xuvenil Virixe de Loreto (Porto do Son)
- Actividades no mar. Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa)
- Manzaneda alta montaña. Estación de Montaña de Manzaneda