Nadal en Rede 2019

A Rede de Dinamización Lingüística ponlle o ramo ao ano 2019 e celebra a chegada da segunda década do século XXI cun programa de actividades destinado a celebrarmos as festas en galego.

Este ano, chegará a 31 concellos da Rede de Dinamización Lingüística que se completarán con recursos para celebrar o Nadal en galego, como un modelo de carta ás Súas Maxestades de Oriente e un libro de discursos para que os Reis Magos se dirixan aos nenos e nenas na lingua propia de Galicia durante as cabalgatas.

Os Bolechas. Un nadal sen neve

É Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. Con todo, escoitan na televisión que un informe da Axencia Europea do Medio Ambiente sitúa Galicia como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta. Os Bolechas fican arrepiados e van chamar o seu amigo o científico Estroncio Potasio que co seu aparello cuántico acelerado vai provocar algo terrible. De súpeto aparece un Lixontropo, unha das consecuencias do cambio climático. A Lixontropo encántalle a calor polo Nadal e tamén comer fume de coche, cueiros, porcalladas e… lixo. Poderán facer algo os Bolechas?

A nova aventura de Nadal dos Bolechas visitará este Nadal os seguintes concellos da Rede de Dinamización Lingüística:

  • Sábado 21 de decembro, no salón multiúsos do Recinto Feiral de Curtis, ás 17:00 horas
  • Domingo 22 decembro, no Auditorio Municipal de Padrón, ás 18:00 horas
  • Luns 23 de decembro, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados, ás 17:30 horas
  • Xoves 26 de decembro, no Centro Sociocultural e Xuvenil José Raído "Patelas" de Cuntis, ás 18:00 horas
  • Venres 27 de decebro, na Casa da Cultura de Viana do Bolo, ás 19:00 horas
  • Sábado 28 de decembro, na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón, ás 18:00 horas
  • Domingo 29 de decembro, no Auditorio da Casa da Cultura de Outes, ás 19:00 horas
  • Luns 30 de decembro, no Multiúsos da Xunqueira de Redondela, ás 18:30 horas

O vixilante dos soños

Desde pequeno Sonólicus dorme ben pegadiño á fiestra e o último que ve antes de pechar os ollos é a faciana redonda e resplandecente da lúa.. Así é como empeza a aventura dun neno que vai medrando cunha inmensas ganas de chegar á lúa e que acabará converténdose no mellor amigo dos nenos e nenas. Trátase dunha proposta teatral dirixida a público familiar que desenvolverá Ubú Teatro nos concellos da Pobra do Caramiñal, Pontedeume, Vedra, Ribas de Sil, Celanova, Xunqueira de Espadanedo, A Cañiza, Cuntis, Pazos de Borbén e Ponte Caldelas.

  • Xoves 26 de decembro, no salón de actos da Casa do Concello de Ribas de Sil, ás 19:00 horas
  • Venres 27 de decembro, no salón de actos do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, ás 18:00 horas
  • Domingo 29 de decembro, no Auditorio de Celanova, ás 12:00 horas
  • Domingo 29 de decembro, no salón de actos da Casa do Concello de Xunqueira de Espadanedo, ás 18:00 horas
  • Luns 30 de decembro, no Centro Social de Vedra, ás 12:00 horas
  • Xoves 2 de xaneiro, no Auditorio de Pazos de Borbén, ás 18:00 horas
  • Venres 3 de xaneiro, no Auditorio da Cañiza, ás 18:00 horas
  • Sábado 4 de xaneiro, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis, ás 17:30 horas
  • Domingo 5 de xaneiro, na Casa da Cultura de Pontedeume, ás 12:00 horas
  • Martes 7 de xaneiro, no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal, ás 18:00 horas

Concerto de Nadal

María do Ceo volve ao Nadal en Rede cun concerto para todas as idades propio destas datas que chegará a Fene, Oia e O Pereiro de Aguiar nas seguintes datas:

  • Xoves 26 de decembro, no Centro Cultural Mougas de Oia, ás 20:00 horas
  • Sábado 28 de decembro, na ACDR Liga de Amigos de Barallobre, Fene, ás 20:00 horas
  • Domingo 29 de decembro, no Salón Cultural do Centro de Día Os Gozos, ás 18:00 horas

Cos merlos do amencer

Senén Vaamonde, acompañado dos músicos Alfredo e Manuel, presenta un concerto didáctico que reúne dúas figuras representativas da música e da literatura galegas: Suso Vaamonde e Celso Emilio Ferreiro. Visitará este Nadal os seguintes concellos da Rede:

  • Venres 20 de decembro, na Casa da Cultura de Bóveda, ás 18:00 horas
  • Sábado 21 de decembro, no Edificio Multiúsos de San Cristovo de Cea, ás 12:00 horas
  • Domingo 22 de decembro, na Casa da Cultura de Ordes, ás 18:30 horas
  • Xoves 26 de decembro, no Centro Social de Barrantes, en Ribadumia, ás 17:30 horas
  • Venres 27 de decembro, na Casa da Cultura de Dodro, ás 17:30 horas
  • Sábado 28 de decembro, no Salón de Plenos do Concello de Cabanas, ás 12:00 horas
  • Domingo 29 de decembro, na Casa da Cultura de Guntín, ás 12:30 horas
  • Domingo 29 de decembro, na Casa da Cutura de Toén, ás 18:00 horas

Os avós e as avoas como transmisores de lingua e cultura galegas

A psicóloga Cándida Rodríguez Ferro incidirá nestes obradoiros na transmisión interxeracional da lingua galega a través da toma de consciencia das persoas de máis idade e do seu encontro e diálogo coa de xeracións máis novas. Dirixido tanto aos avós e ás avoas coma aos seus fillos e netos, o proxecto concíbese como un instrumento para a socialización entre novos e anciáns e fai posible o achegamento entre diferentes formas de entender a realidade social e lingüística.

  • Mércores 18 de decembro, no salón de actos do CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas de Vila de Cruces, ás 11:00 horas, en colaboración coa Fundación Paco Lareo
  • Sábado, 21 de decembro, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, ás 10:30 horas
  • Luns 23 de decembro, no Auditorio Municipal de Valga, ás 17:00 horas
  • Xoves 26 de decembro, na Biblioteca Pública Municipal de Abegondo, ás 11:00 horas
  • Venres 27 de decembro, na Sala de Exposicións Abanca, na Estrada, ás 11:00 horas
  • Venres 27 de decembro, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, ás 19:30 horas
  • Sábado 28 de decembro, no salón de actos do Concello de Forcarei, ás 11:00 horas
  • Sábado 28 de decembro, na Residencia do Maior de Castro Caldelas, ás 17:00 horas

 

Axenda