Carta urxente aos Magos de Oriente

Un ano máis, Os Bolechas volven levar a ilusión de Nadal aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística cun espectáculo para os máis pequenos da casa (nenos e nenas entre 3 e 9 anos) e as súas familias.

Os Bolechas están na casa escribindo a carta para Melchor, Gaspar e Baltasar. Alglúns dos irmáns non dan decidido o que queren, outros teñen unha lista interminable... O caso é que, con tanta leria, pásaselles o prazo para entregarlle as súas peticións á carteira real. Cheos de nervios, póñense a buscar a maneira de facerlles chegar a súa misiva aos Magos de Oriente. Conseguirán o seu obxectivo ou quedarán este ano sen agasallos?

Os irmáns máis famosos da literatura galega, chegarán este Nadal a sete Concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

 

       Axenda. Carta urxente aos Magos de Oriente

Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
 21 de decembro, ás 11:30 horas             CPI Tino Grandío  Guntín  Lugo
 26 de decembro, á 18:00 horas
 Salón de actos do concello  Abadín  Lugo
 29 de decembro, ás 18:00 horas  Multiúsos da Xunqueira  Redondela   Pontevedra
 2 de xaneiro, ás 18:00 horas  Auditorio da Senra  Bergondo  A Coruña
 3 de xaneiro, ás 18:00 horas  Auditorio Municipal  Salceda de Caselas   Pontevedra 
 4 de xaneiro, ás 18:00 horas  Auditorio Municipal  Padrón  A Coruña
 7 de xaneiro, ás 18:00 horas  Casa da Cultura   Viana do Bolo  Ourense

 

Documentos relacionados

  • Cartel da actividade en Abadín JPG

  • Cartel da actividade en Bergondo JPG

  • Cartel da actividade en Padrón JPG

  • Cartel da actividade en Guntín JPG

  • Cartel da actividade en Salceda de Caselas JPG

  • Cartel da actividade en Redondela JPG

  • Cartel da actividade en Viana do Bolo JPG