Nadal en Rede 2021

Tras a paréntese do ano pasado, motivada pola crise da covid-19, volve Nadal en Rede co seu programa de actividades para celebrarmos as festas en galego dirixido a todos os públicos, pero especialmente á xente miúda da casa.

Este ano, Nadal en Rede chegará a 60 entidades da Rede de Dinamización Lingüística con concertos e teatro para o tempo de lecer destas datas. Velaquí as nosas propostas para estas festas:

Fartura de Nadal

Non hai nada máis parecido ao Nadal que reunirse a escoitar contos, quererse, comer e fartarse de historias e de música! Como facían aquelas dúas velliñas que vivían xuntas, comían xuntas, durmían e soñaban xuntas... Ou aquela avoa que quería pasar o Nadal coas súas tres netas, pero deulle por facer pan con mel e... Ui!, e cando tocan as 12 na noite de fin de ano e chega o Paporco... 

Rilo&Penadique tráennos un feixe de historias para toda a familia, contos para quererse, xuntarse e divertirse son o alimento do Nadal. Iso e os cantos, que nunca falten! Tedes fame? 

Fartura de Nadal estará estas festas nas seguintes entidades da Rede:

  • 19 de decembro, na Casa da Cultura de Mondariz, ás 17:30 horas
  • 22 de decembro, no Edificio Multiusos de Curtis, ás 17:00 horas
  • 26 de decembro, na Casa do Concello de Triacastela, ás 17:00 horas
  • 29 de decembro, na Antigua Escola da Alameda de Maside, ás 12:00 horas
  • 29 de decembro, na sala de conferencias do Toural da Veiga,  ás 17:00 horas
  • 30 de decembro, na Casa da Cultura de Corcubión, ás 12.00 horas
  • 30 de decembro, no Centro Cultural Municipal do Porriño, ás 18:00 horas

Filipa cos contos de Nadal

Espectáculo de monicreques, contos e cancións a cargo da compañía Bandullo Azul. En escena, Fran Campos e a súa amiga Filipa farán as delicias da cativada e tamén dos adultos que a acompañen en sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística:

  • 26 de decembro, na Casa da Cultura de Santa Comba, ás 12:00 horas
  • 26 de decembro, na Casa da Cultura de Muíños, ás 18:00 horas
  • 27 de decembro, no Centro Sociocultural do Corgo, ás 12:00 horas
  • 28 de decembro, na Casa da Cultura de Lousame, ás 12:00 horas
  • 29 de decembro, no salón de actos da casa do concello de Sarreaus, ás 16:30 horas
  • 30 de decembro, no Edificio Sociocultural Manuel Chamoso Lamas, en Boborás, ás 11:00 horas
  • 30 de decembro, no Auditorio Municipal de Mondoñedo 'Pascual Veiga', en colaboración co CDR Terras de Miranda , ás 19:00 horas

Contos de boa xente

O contador e monologuista Avelino González ofrece, no marco de Nadal en Rede, un espectáculo de contos, historias e anécdotas cheas de humor para afastar o enfado e a carraxe e sacar de nós a bondade que parecen pedir unhas festas familiares e de tanta tradición. E, como o Nadal non é só cousa da cativada, esta proposta está dirixida preferentemente a público adolescente e adulto (a partir de 14 anos). Velaquí os lugares e datas onde se poderá presenciar:

  • 18 de decembro, no Auditorio Municipal  das Neves, ás 20:00 horas 
  • 19 de decembro, no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives, ás 19:00 horas 
  • 21 de decembro, no Multiúsos de Trazo, ás 10:30 horas
  • 21 de decembro, na Casa da Cultura de Mesía, ás 14:00 horas 
  • 26 de decembro, na Casa da Cultura do Vicedo, ás 19:00 horas 
  • 28 de decembro, na Casa da Cultura de Rodeiro, ás 20:00 horas
  • 30 de decembro, no Centro Sociocultural Manuel Rodriguez Arestes de Paradela,  ás 19:00 horas 

Nadaliñas

Neste concerto de Nadal para todos os públicos, o músico Emilio Rúa ofrece as súas versións de coñecidas pezas musicais propias destas datas. Este é o seu calendario de actuacións no marco de Nadal en Rede:

  • 23 de decembro, no salón de actos da casa do concello da Bola, ás 12:00 horas
  • 26 de decembro, na Praza de Pontecesures, ás 12:30 horas
  • 27 de decembro, no Auditorio do Centro Cultural de Valadares, en Vigo, ás 18:00 horas

O soño dos golfiños

A agrupación musical Os golfiños trae a Nadal en Rede sete concertos co repertorio do seu novo traballo: O soño dos golfiños. O seu repertorio de música infantil pretende chegar ao corazón das familias con ritmos e melodías moi diversas que beben de todos os estilos musicais. As cordas dunha guitarra e as teclas dun piano son a alfombra máxica que transporta a voz de Elena Paz a un mundo de aventuras únicas, coas que se pode bailar, cantar e brincar na casa das emocións. Velaquí o seu calendario de actuacións:

  • 18 de decembro, no salón de actos do antigo cuartel da Garda Civil, en Taboada, ás 12:00 horas
  • 18 de decembro, no Auditorio do Concello de Vilamarín, ás 19:00 horas
  • 21 de decembro, na Escola de Música (antigas escolas vellas) da Baña, ás 19:00 horas
  • 22 de decembro, na Ludoteca Municipal de Pontedeva, ás 19:00 horas
  • 23 de decembro, no baixo da casa do concello da Porqueira, ás 16:00 horas
  • 24 de decembro, no Edificio Multiúsos de Lobios, ás 12:00 horas
  • 28 de decembro, no Auditorio do Centro Cultural de Cerdedo, ás 19:00 horas

Ris Ras

Contan que contan as avoas da miña terra que a única noite, ou o único día, que Catarina e Lourenzo se viron, foi tan forte o seu amor que del naceu un trasno que enreda noite e día coas súas trasnadas e a súa enerxía.

O espectáculo para público infantil e familiar Ris Ras, da recoñecida compañía Baobab Teatro, está pensado para nenos e nenas de 1 a 8 anos e dálle continuidade a Puño, puñete, unha proposta que integrou, con notable éxito, o Nadal en Rede de 2018. Parte das lerias e enredos da nosa tradición oral para facer unha viaxe a través da música, dos xogos e das historias. 

  • 17 de decembro na sala da biblioteca da Casa de Cultura de Dodro, ás 17:30 horas
  • 22 de decembro, no Centro Social Albarona, en Piñor, ás 12:00 horas 
  • 23 de decembro, na Casa da Cultura Domingo Fontán, en Portas, ás 12:00 horas
  • 28 de decembro, no Centro Sociocultural de Santiso,  ás 12:00 horas
  • 29 de decembro, na carpa diante do concello, en Triacastela, ás 11:00 horas. 
  • 30 de decembro, no Teatro Principal da Estrada, ás 12:30 horas
  • 30 de decembro, no Museo do Mar de Galicia, Vigo, ás 18:00 horas

Rosalía

A autora inmortal e máis universal das nosas letras ten tamén un espazo nas actividades de Nadal. A peza de teatro que leva o seu nome, Rosalía, é unha obra de muller que trata sobre a infancia da autora de Cantares gallegos. Foi pensada para nenas e nenos de 6 a 12 anos e para as súas familias por un equipo feminino intensamente vencellado ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia. Dirixe a peza actriz e directora Fina Calleja e forman o reparto dúas actrices, Rocío González e Cristina Collazo, as dúas imprescindibles nos últimos anos nos escenarios máis variados e nas pantallas da televisión e do cine de Galicia.

  • 17 de decembro, no centro sociocultural de Silleda, ás 18:00 horas
  • 23 de decembro, na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, en colaboración co ADR Comarca de Lugo, ás 12:00 horas
  • 24 de decembro, no Auditorio do Carballiño, ás 12:00 horas
  • 26 de decembro, no Centro Cultural do Porriño, ás 18:00 horas 
  • 27 de decembro, na Fundación Paco Lareo de Vila de Cruces, ás 12:00 horas
  • 29 de decembro, no Pazo da Cultura de Sanxenxo, ás 18:30 horas
  • 30 de decembro, no Edificio Multiúsos Terra de Xallas, Santa Comba, ás 12:00 h

Tátara Trío

Concerto para todos os públicos cheo de humor e, por suposto, de música. A formación Tátara Trío está integrada por Pablo Díaz (gaita, clarinete, percusión e voz), Alejandro Fente (acordeón) e Fernando Docampo (violín, gaita, percusión e voz). O grupo regresa aos escenarios, tras uns anos de silencio, con novas sonoridades aplicadas a temas de recente creación e tamén aos seus vellos éxitos, como a “Polca do colesterol” ou a “Muiñeira do polbo”.

  • 19 de decembro, no pavillón do Concello do Páramo, ás 18:00 horas
  • 21 de decembro, no castelo do Bolo, ás 12:00 horas
  • 23 de decembro, na sede de AFAOR, en Ourense, ás 12:00 horas
  • 23 de decembro, no salón de actos da casa do concello de Bande, ás 19:00 horas
  • 26 de decembro, no Centro Sociocultural de Bóveda, ás 18:00 horas
  • 29 de decembro, no Espazo de Lecer do Concello de Manzaneda, ás 18:00 horas
  • 30 de decembro, no Centro Cultural e Social do Picouto, en Ramirás, ás 18:00 horas

Tranvía de Nadal

No País do Vento, o Tren do Ano é longo e nunca para. Pasa por 4 estacións, 12 meses, 52 semanas, 365 días... Moito traballo para un só tren! O que ninguén sabe é que o Tren do Ano colle vacacións: en decembro, descansa. No seu lugar, polas vías da vida troupelea un tranvía pequecho, brillante, especial, cheíño de sorpresas e de agasallos. É un tranvía que vai vestido de festa: o Tranvía Nadal. Cando pasa, o sol queda quieto no ceo. Non é de estrañar. Ese tranvía garda tantas marabillas que ata o sol devece por descubrilas. No Tranvía Nadal conviven mitos e contos de distintas culturas: historias sobre o ceo e a natureza, sobre o lendario Papá Noel e as festas que traen a luz nos días máis fríos e escuros, sobre banquetes entre xente querida e a maxia de espertar á primavera... Ademais, no chucutrán, chucutrán chucuTranvía Nadal tamén hai bailes e música a manchea. Con Charo Pita, María Faltri e Jorge Juncal.

  • 18 de decembro, no Auditorio da Biblioteca de Lalín, ás 17:00 horas
  • 19 de decembro, na Casa da Cultura de Figueirido, en Vilaboa, ás 12:00 horas
  • 19 de decembro, na Casa da Cultura da Pontenova, ás 20:00 horas
  • 23 de decembro, na Casa da Cultura de Corcubión, en colaboración co GDR Asociación Costa da Morte, ás 12:00 horas
  • 23 de decembro, no Local Social da Asociaciónd e Veciños A Fonte de Fornelos, de Baio, Zas (en colaboraicón co GDR Asociación Costa da Morte), ás 19:30 horas
  • 27 de decembro, no Salón de Plenos da casa do concello de Parada de Sil, ás 12:00 horas
  • 29 de decembro, no Edificio Multiúsos de Moraña, ás 19:00 horas

Concerto de Nadal

A coñecida fadista María do Ceo participará un ano máis en Nadal en Rede cun concerto de Nadal que se celebrará na Pobra de Trives.

  • 26 de decembro, no Auditorio Xulio Vázquez, ás 18:30h.

Axenda

Ver todas