FALAREDES 2018

Enredando con Pakolas

A primeira proposta de FalaRedes para o ano 2018 é o concerto que chega da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira.
Enredando con Pakolas
Enredando con Pakolas

FalaRedes bota a andar cunha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias. Un concerto en que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín... e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.

Enredando con Pakolas chegará en abril e maio a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para mover o esqueleto, para aprender e para rockear en familia e en galego.

 

 

 

Axenda de FalaRedes 2018. Enredando con Pakolas

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

13 de abril, 17:30 Biblioteca Municipal "Segundo Gil Davila"Arbo Pontevedra
14 de abril, 18:00 Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei O Grove Pontevedra
15 de abril, 17:00 Fundación Pazo de Mos Mos Pontevedra
19 de abril, 16:30 Casa da Cultura O Vicedo Lugo
21 de abril, 12:00 Nave da MúsicaBarro Pontevedra
27 de abril, 18:00 Salón de actos da Biblioteca MunicipalFozLugo
28 de abril, 20:00 Local social da Asociación de Veciños (Antiga escola de Cotelas)Piñor Ourense
29 de abril, 19:00 Auditorio MunicipalQuiroga Lugo
29 de abril, 12:00 Centro Cultural AvenidaA RúaOurense
4 de maio, 12:00 Campo da festa de Ponte-Aranga (carpa)Aranga A Coruña
5 de maio, 11:00 Edificio Multiusos do Cruceiro GordoMelónOurense
6 de maio, 18:00 Salón do Edificio MultiusosSanta Comba A Coruña
12 de maio, 18:00 Auditorio Municipal Pazos de Borbén Pontevedra
13 de maio, 11:00 Centro ComarcalPalas de Rei Lugo
20 de maio, 16:00 No FestiletrasPontecesoA Coruña
    
    
       

Documentos relacionados