FALAREDES 2020

Minia convídate a xogar

Este espectáculo para a primeira infancia, recomendado para nenos e nenas de 1-6 anos, chega ao FalaRedes da man da compañía Teatro Babaluva e do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 para axudar a desenvolver a creatividade e promover o xogo en galego.

Minia convídate a xogar. Detalle do cartel
Minia convídate a xogar. Detalle do cartel

Minia, unha muller agora adulta, chegará este outono a cinco concellos da Rede de Dinamización Lingüística acompañada dos xogos que facía de pequena e de moitas caixas de cartón que atopou no almacén onde enredaba de cativa. Son caixas aparentemente inútiles, pero que a levan a lembrar as aventuras e personaxes que creaba con elas e que lle permiten transformar o espazo en que está nos diferentes ambientes imaxinados.

Minia convídate a xogar quere promover o xogo libre, excitar a curiosidade e arrequecer o imaxinario dos máis pequenos, que non precisan de xoguete ningún para deixar voar a imaxinación e divertírense.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Minia convídate a xogar                                                        
 Data e hora  Lugar  Concello  Provincia
 19 de setembro, ás 18:30 horas Salón Multiúsos O Pereiro de Aguiar Ourense
 6 de novembro, ás 18:00 horas Centro Cultural Fernando Casas e Novoa Oroso A Coruña
 15 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal Padrón A Coruña
 12 de decembro, ás 18:30 horas Auditorio Multiúsos das Pozas Mos Pontevedra
 13 de decembro, ás 18:00 horas  Auditorio Municipal Cambados Pontevedra 

 

Documentos relacionados