Na cerna do son

Espectáculo multiARTErial que mestura danza, canto, narración e poesía en directo para renderlle unha homenaxe á emigración galega do pasado século a partir dun percorrido polas melodías e estampas que unen Europa e América.

A proposta conta coa narración de Luís Iglesia, coa voz de Paty Lesta, a danza de Ricardo Fernández, o piano de Cristian Leggiero e o caixón de Moisés Fernández. A dirección artística corre a cargo de Iván Villar.

Na cerna do son

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

8 de novembro, ás 19.00 h

Teatro Pastor Díaz

Viveiro

Lugo

4 de decembro, ás 21.00 h

Teatro Lauro Olmo

O Barco de Valdeorras

Ourense

22 de decembro, ás 20.30 h

Auditorio Fuxan os Ventos

Lugo

Lugo