FALAREDES 2018
Enredando con Pakolas
FalaRedes bota a andar cunha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias. Un concerto en que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando. Coñecerán as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín... e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.
Enredando con Pakolas chegará en abril e maio a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para mover o esqueleto, para aprender e para rockear en familia e en galego.
Axenda de FalaRedes 2018. Enredando con Pakolas | |||
|---|---|---|---|
Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
| 13 de abril, 17:30 | Biblioteca Municipal "Segundo Gil Davila" | Arbo | Pontevedra |
| 14 de abril, 18:00 | Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei | O Grove | Pontevedra |
| 15 de abril, 17:00 | Fundación Pazo de Mos | Mos | Pontevedra |
| 19 de abril, 16:30 | Casa da Cultura | O Vicedo | Lugo |
| 21 de abril, 12:00 | Nave da Música | Barro | Pontevedra |
| 27 de abril, 18:00 | Salón de actos da Biblioteca Municipal | Foz | Lugo |
| 28 de abril, 20:00 | Local social da Asociación de Veciños (Antiga escola de Cotelas) | Piñor | Ourense |
| 29 de abril, 19:00 | Auditorio Municipal | Quiroga | Lugo |
| 29 de abril, 12:00 | Centro Cultural Avenida | A Rúa | Ourense |
| 4 de maio, 12:00 | Campo da festa de Ponte-Aranga (carpa) | Aranga | A Coruña |
| 5 de maio, 11:00 | Edificio Multiusos do Cruceiro Gordo | Melón | Ourense |
| 6 de maio, 18:00 | Salón do Edificio Multiusos | Santa Comba | A Coruña |
| 12 de maio, 18:00 | Auditorio Municipal | Pazos de Borbén | Pontevedra |
| 13 de maio, 11:00 | Centro Comarcal | Palas de Rei | Lugo |
| 20 de maio, 16:00 | No Festiletras | Ponteceso | A Coruña |