#ACULTURASEGUE
Xiana Treboliño. Alejandro de Nicolás Gómez
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Aventura gráfica en vídeo que discorre ao longo do Camiño Inglés. Nela, o personaxe de Xiana Treboliño irá pasando por algúns dos puntos máis emblemáticos desta vía xacobea, onde, para seguir avanzando, deberá resolver enigmas sobre temas culturais, patrimoniais ou de costumes relacionados co lugar. Para superar os retos, nalgúns casos, deberá manexar diversas tecnoloxías como a programación, a robótica, o deseño e a impresión 3D ou a realidade aumentada.
A proposta combina características dunha aventura gráfica e dunha sala de fuxida dixital. Está dirixida á mocidade, ás familias e á contorna educativa.