Volver

FALAREDES 2023

Os Bolechas deportistas xogan no tempo

  • Os Bolechas deportistas xogan no tempo. Detalle do cartel

    Os Bolechas deportistas xogan no tempo. Detalle do cartel

Chega ao FalaRedes a segunda edición de Os Bolechas deportistas para alegrarlles o verán aos nenos e nenas de 15 concellos galegos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. 

Os Bolechas deportistas xogan no tempo é un espectáculo ao aire libre que combina o teatro de monicreques con explicacións, preguntas e probas pensadas para que participen nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nesta nova proposta dos Bolechas deportistas combínanse, da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, a lingua e o deporte, o xogo coa aprendizaxe. Con esta actividade, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa dan a coñecer diferentes disciplinas deportivas e animan ao uso do galego durante a súa práctica.

Axenda de FalaRedes 2023. Os Bolechas deportistas xogan no tempo
Data e hora Lugar Concello Provincia
23 de xuño, ás 12:00 hAvenida do MalecónRibeiraA Coruña
24 de xuño, ás 20:00 hPraza de EspañaChantadaLugo
7 de xullo, ás 12:00 hPraza do ConcelloBarreirosLugo
8 de xullo, ás 20:00 hPraza do ConcelloCampo LameiroPontevedra
9 de xullo, ás 12:00 hPraza dos OlmosVilanova de ArousaPontevedra
15 de xullo, ás 19:00 hPraza do PradoCastro CaldelasOurense
16 de xullo, ás 18:00 hCarballeira de RodiñoBoqueixónA Coruña
21 de xullo, ás 11:00 hCEIP Plurilingüe Ben-Sho-SeyO Pereiro de AguiarOurense

21 de xullo, ás 20:00 h

Praza da rúa LagoQuirogaLugo
25 de xullo, ás 19:30 hCampo da festa de GalegosFradesA Coruña
29 de xullo, ás 20:30 hPraza de EspañaMondarizPontevedra
30 de xullo, ás 19:00 hParque Rosalía de CastroAresA Coruña
1 de agosto, ás 21:00 hPraza do ConcelloBaionaPontevedra
4 de agosto, ás 20:00 hPraza da ConstituciónBandeOurense
5 de agosto, ás 18:30 hPraza do ReloxoA Proba de TrivesOurense