Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
FalaRedes trae, no tempo do outono unha proposta dirixida a toda a familia en que combinamos o teatro de monicreques coa música para que, nun contexto distendido e alegre, os nenos e as nenas poidan gozar de novas experiencias en galego.
Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias melodías.
Anímaste, xunto cos Bolechas, a experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos?
Calendario
- 18/10/2024. Boiro. 20:00 h. Casa da Cultura.
- 19/10/2024. Ferrol. 19:00 h. Teatro Jofre.
- 31/10/2024. Ponteceso. 18:30 h. Biblioteca Municipal
- 08/11/2024. Miño.18:00 h. Centro Social da Rúa
- 09/11/2024. A Laracha. 17:30 h. Casa da Cultura.
- 10/11/2024. Valdoviño. 18:00 h. Casa da Cultura
- 16/11/2024. Cedeira. 13:00 h. Auditorio Municipal.
- 16/11/2024. Burela. 18:30 h. Casa da Cultura.
- 17/11/2024. Ourense. 12:00 h. Liceo de Ourense.
- 17/11/2024. Lalín. 18:30 h. Salón Teatro
- 22/11/2024. Guitiriz. 18:00 h. Casa Habanera
- 23/11/2024. Mugardos. 19:30 h. Sociedade Amigos da Paisaxe Galega (O Seixo)
- 24/11/2024. As Neves. 17:30 h. Auditorio José Gil
- 29/11/2024. O Grove. 11:00 h. Auditorio Municipal
- 29/11/2024. Valga. 20:00 h. Auditorio Municipal
- 30/11/2024. Arteixo. 19:00 h. Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía
- 01/12/2024. Fisterra. 12:00 h. Casa da Cultura
- 01/12/2024. Cee. 17:30 h. Casa da Cultura
- 05/12/2024. Tui. 19:00 h. Teatro Municipal
- 07/12/2024. O Barco de Valdeorras. 18:00 h. Teatro Lauro Olmo
- 08/12/2024. Cambados. 18:00 h. Auditorio da Xuventude