Volver

Cantares de Reis

Os Bolechas chegan puntuais á súa cita do Nadal coa Rede de Dinamización Lingüística e visitarán oito concellos cun espectáculo no que aprenderemos cancións para continuar cantando e animando estas festas na casa e na rúa.

Os Bolechas atopan un trobador que anda un chisco apesarado porque perdeu o seu libro de cantigas. Pero a maxia do Nadal fai que todo cambie. O encontro coa familia Bolechas permítelle descubrir novos Cantares de Reis cos que renovar o seu repertorio e triunfar nestas datas tan especiais.

CALENDARIO

  • A Estrada. Teatro Principal. 26 de decembro. 12:00 h.
  • Padrón. Auditorio Municipal - Campo do Souto. 27 de decembro 18:00 h.
  • Melide. Centro Sociocultural Mingos de Pita. 28 de decembro. 17:30 h.
  • Celanova. Auditorio Municipal Ilduara (AMIC). 29 de decembro. 17:00 h.
  • Burela. Casa da Cultura. 30 de decembro. 18:00 h.
  • Abadín. Salón de actos da Casa do Concello. 2 de xaneiro. 17:30 h.
  • Verín.Auditorio Municipal. 3 de xaneiro. 18:00 h.
  • Redondela. Multiúsos da Xunqueira. 4 de xaneiro. 18:30 h.