Temos dispoñibles para consulta 444 actividades
Presentación do proxecto de documental
18/04/2016 15:30

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Deusto organiza unha conferencia en que se presentará o proxecto de película documental  Sitio distinto. Unha historia entre dous pobos.  O relatorio será impartido por Davide Cabaleiro, director e produtor do proxecto.

Exposición Vida e Obra de Manuel María
15/04/2016 07:22

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura, co gallo das Letras Galegas 2016, expoñerá na Facultade de Filosofía e Letras os carteis da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a vida e a obra do cantor da Terra Chá.

Conferencia de Mercedes Queixas
15/04/2016 07:22

Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2016, o Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade Nova de Lisboa organiza no Centro Galego de Lisboa a conferencia "Voltar a Portugal: dourada luz que ilumina", de Mercedes Queixas Zas, que se centrará nas intensas relacións que o poeta chairego tivo con Portugal e a súa cultura dende a década de 1960.

Exposición de libros galegos
15/04/2016 07:22

O Pati de Lletres da Universidade de Barcelona (UB) acolle unha mostra de libros escritos en galego organizada polo Centro de Estudos Galegos.

Exposición bibliográfica Manuel María e a Poesía Social en Galicia
15/04/2016 07:22

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Barcelona (UB), co gallo das Letras Galegas, organiza na Biblioteca de Lletres unha mostra sobre Manuel María e a poesía social que tanto cultivou nas décadas dos 60 e 70.

15/04/2016 07:22
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura organiza, co gallo das Letras Galegas 2016, a conferencia de Iolanda Ogando "Manuel María: cantar un país, recuperar un teatro".
Exposición bibliográfica Manuel María
15/04/2016 07:22
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura, co gallo das Letras Galegas, organiza na Biblioteca Central de Cáceres unha mostra das obras máis destacadas na traxectoria literaria de Manuel María.
Exposición biográfica sobre Manuel María
15/04/2016 07:22

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Barcelona (UB), co gallo das Letras Galegas 2016, leva ao Pati de Lletres unha exposición sobre a traxectoria persoal e profesional do cantor da Terra Chá.

Recital de poesía de Manuel María
15/04/2016 07:22
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura, co gallo das Letras Galegas, organiza un recital de poemas de Manuel María.
Proxección de cine: A lingua das bolboretas
14/04/2016 07:22
A Facultade de Letras da Universidade do País Vasco acollerá entre os días 18 e 22 de abril, por noveno ano consecutivo, a xornada de cine "Un mundo muchas miradas". Os distintos lectorados presentes na facultade (alemán, francés, galego, italiano e ruso), co fin de estender as diversas culturas a todo o alumnado e persoas interesadas, proxectará películas procedentes do seu país de orixe acompañadas con cadansúa degustación gastronómica. Este ano o tema central será a visión do mundo a través da infancia. O lectorado de galego participaráco filme A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999)