Temos dispoñibles para consulta 444 actividades
Conferencia
29/04/2016 07:30
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca convida o fotógrafo Eutropio Rodríguez a disertar sobre como foi vista galicia por fotógrafos doutros lugares.
Presentación do proxecto de documental
25/04/2016 07:30

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco organiza unha conferencia en que se presentará o proxecto de película documental Sitio distinto. Unha historia entre dous pobos. O relatorio será impartido por Davide Cabaleiro, director e produtor do proxecto.

Conferencia
25/04/2016 07:30
Entre as actividades do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Kiel (Alemaña) con motivo das Letras Galegas 2016 figura a conferencia "Recoñecer a terra. Un achegamento a Galicia a través da fotografía e da poesía galega de autoría feminina".
Concerto das Letras Galegas
25/04/2016 07:30
O Centro de Estudos Galegos John Rutherford de Oxford celebra as Letras Galegas cun concerto da pianista galega Tamara Lorenzo Gabeiras e da soprano portuguesa Joana Gil. Ambas interpretarán poemas tanto de Manuel Mará como de autores do Rexurdimento.
Obradoiro de teatro Letras Galegas 2016. Manuel María
22/04/2016 07:30
Co gallo da celebración das Letras Galegas, o Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco organiza o obradoiro "Manuel María dramaturgo: aula práctica de teatro". O obradoiro será impartido pola actriz e dobradora Ana Espasandín, quen se baseará en textos do autor homenaxeado o 17 de maio de 2016.
Conferencias Letras Galegas 2016. Manuel María
22/04/2016 07:30
Co gallo da celebración das Letras Galegas, o Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco organiza dúas conferencias arredor da figura de Manuel María da man de dous expertos na súa vida e obra: Mercedes Queixas e Xosé Estévez.
Celebración das Letras Galegas
21/04/2016 07:30
O Centro de Estudos Galegos da Universidade Federal de Baía celebra as Letras Galegas con diversas actividades arredor de Manuel María, autor homenaxeado o 17 de maio de 2016.
Exposición de libros galegos
20/04/2016 07:30

O Pati de Lletres da Universidade de Barcelona acollerá unha mostra de libros escritos en galegos por diversos autores.

Seminario
19/04/2016 15:30

O venres día 22 de abril, a poeta galega Elvira Ribeiro impartirá no Centro de Estudos Galegos de Cork un seminario titulado "Unha ducia de mulleres galegas", rememorando o libro Unha ducia de galegos", de Víctor Freixanes, no que non se mencionaba a ningunha
muller.

Exposición bibliográfica Manuel María e a Poesía Social en Galicia
18/04/2016 16:50

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Barcelona (UB), co gallo das Letras Galegas, organiza na Biblioteca de Lletres unha mostra sobre Manuel María e a poesía social que tanto cultivou nas décadas dos 60 e 70.