Temos dispoñibles para consulta 444 actividades
Fíos fóra
05/04/2017 07:30

O Centro de Estudos Galegos de París organiza a proxección do documental galego Fíos fóra, da produtora Illa Bufarda.

A proxección, que terá lugar no marco dun curso gratuíto de lingua galega que o CEG desenvolve en colaboración co Instituto Cervantes, está aberta a todo o público interesado. Cando remate, este terá ocasión de establecer un coloquio por videochamada coas directoras do documental.

 

 A toponimia galega: unha aproximación
29/03/2017 07:30

O poeta e filólogo Gonzalo Hermo impartirá no Centro de Estudos Galegos de Salamanca a conferencia "A toponimia galega: unha aproximación".

Demasiados zapatos para pulir. Lecturas contadas V
29/03/2017 07:30
Recital poético no Centro de Estudos Galegos de Salamanca a cargo do escritor galego Gonzalo Hermo e da autora portuguesa Catarina Nunes de Almeida.
III Encontro Minho Galiza
09/03/2017 07:30

Actividade coorganizada polo Centro de Estudos Galegos de Braga e mais polo Instituto de Ciências Sociais da Universidade do Minho a iniciativa de dous exalumnos de Literatura E Cultura Galegas. Trátase dunha xuntanza de persoas galegas e portuguesas arredor dun tema que varía cada ano e que, neste 2017, será "a música".

 Conferencia
07/03/2017 07:30
Ledicia Costas falará no Centro de Estudos Galegos de Deusto "do oficio de escribir cando toda a túa vida xira arredor da literatura".
Conferencia
06/03/2017 07:30

A profesora da Univerisidade de Santiago de Compostela e crítica literaria Montserrat Pena Presas acudirá á Universidade de Salamanca, convidada polo seu Centro de Estudos Galegos, para impartir a conferencia Carlos Casares: escritor, editor e activista cultural. A pegada do vento azul". Carlos Casares é o autor a quen se lle dedicará este ano o Día das Letras Galegas.

Ledicia Costas no Grupo de Lectura en Galego
06/03/2017 07:30

A Cátedra de Estudos Galegos de Deusto contará coa presenza de Ledicia Costas na sesión que o Grupo de Lectura en Galego celebrará o 7 de marzo.
A escritora, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, falará da súa primeira obra para público adulto: Un animal chamado néboa.

Mulleres galegas na cultura: Uxía
02/03/2017 07:30
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco convida a cantante Uxía, acompañada do músico Sergio Tannus, a participar no ciclo Mulleres Galegas na Cultura. Uxía ofrecerá a charla-concerto "A palabra cantada".
Mulleres galegas na cultura: Ledicia Costas
02/03/2017 07:30
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco convida a escritora Ledicia Costas a participar no ciclo Mulleres Galegas na Cultura. Ledicia Costas impartirá a conferencia "De oficio, escritora".
Conferencia
27/02/2017 07:30
O Centro de Estudos Galegos de Salamanca convida o profesor da Universidade de Zurich Johannes Kabatek a impartir o relatorio "O galego culto, unha lingua problemática".