O Centro de Estudos Galegos John Rutherford de Oxford organiza a conferencia de Xulio Carballo Dopico From de Fight Against Dictatorship to the Economic Crisis: 45 Years of Galician Comic".
O Centro de Estudos Galegos de Kiel, en colaboración co Departamento de Lingüística, organiza a conferencia "The European Charter for Regional or Minority Languages (ECRM). Legal, sociolinguistic and political approaches to minority languages in Spain", a cargo de Fernando Ramallo, profesor da Universidade de Vigo e membro do Comité de expertos da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias.
O Centro de Estudos Galegos de Kiel, en colaboración co Departamento de Lingüística, organiza a conferencia "Language policy at the grassroots. Parental role in intergenerational transmission of Galician" a cargo do sociolingüista Anik Nandi.
O Centro de Estudos Galegos de Braga, coa colaboración e participación do alumnado da materia de Lingua e Cultura Galegas, organiza a quinta edición desta xornada de confraternización entre Galicia e Portugal.
Ademais, a exposición estará acompañada dunha serie de conferencias nas que especialistas de cada unha das tres culturas compartirán co público as súas investigacións.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) colabora na presentación dos libros A imagem da Galiza em Porugal, de Carlos Pazos-Justo, e A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga.