Temos dispoñibles para consulta 444 actividades
 As letras de Florencio
08/11/2016 07:30
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco organiza esta actividade para dar a coñecer a figura e a obra do escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán 1903-1987). As sesións incluirán unha conferencia sobre o poeta a cargo de Débora Álvarez Moldes e mais un co ncerto en que o grupo de Valdeorras "Los Correctos" interpretará textos do autor.
Conferencia de Alba Cid
03/11/2016 07:30

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca organiza a conferencia "Unha xenealoxía rupturista: tres décadas de poesía galega" a cargo da investigadora da Universidade de Santiago Alba Cid Fernández.

Galician Poetry, Music and Wine
02/11/2016 07:30
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Bangor (Gales) organiza, no marco do 10º aniversario da súa fundación e en colaboración co Wales International Poetry Festival, o programa Literature Across Frontiers e mais a Universidade de Aberystwyth, un encontro no que se presentará a escolma 6 Galician Poets. O traballo, coordinado pola profesora Manuela Palacios-González e publicado por Arc Publicacións, combina a experimentación coa forma poética e as relacións entre lingua, terra, cultura e sociedade. Nel participarán, para falarnos da súa obra, os escritores galegos María do Cebreiro e Daniel Salgado, así como o tradutor, o poeta irlandés Keith Payne e a cantante Su Garrido Pombo.
 Exposición Manuel Rodríguez López. Emigrante galego. Poeta obreiro
26/10/2016 07:30

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho acolle, en colaboración con Galicia Dixital, a exposición Manuel Rodríguez López. Emigrante galego. Poeta obreiro. O proxecto promóveno diferentes entidades e institucións -entre as que figura a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria- co obxectivo de renderlle tributo ao folclorista, filólogo, filósofo, literato e pensador político que participou na creación da Real Academia Galega e que chegou a ser considerado un dos autores máis senlleiros da literatura galega do s. XX.

Recital de poesía galega contemporánea
13/05/2016 07:30

O Centro de Estudos Galegos da Sapienza, Universidade de roma, en colaboración co Instituto Cervantes, organiza unha lectura comentada de poesía galega contemporánea a cargo da poeta María do Cebreiro.

 Recital de poesía galega contemporánea
12/05/2016 07:30

Con motivo das Letras Galegas, o Centro de Estudos Galegos de Padua organiza unha lectura comentada de poesía galega contemporánea a cargo da poeta María do Cebreiro.

20 Anos de Teatragal
10/05/2016 07:30
Con motivo do 20 aniversario dos encontros de teatro en Galicia e o norte de Portugal Teatragal, o Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho, coa colaboración deo Centro de Estudos Galegos de Braga, organiza as Xornadas 20 Anos de Teatragal, que abordarán os desafíos, resistencias, oportunidades e limitacións da actividade teatral a ambos os lados do Miño.
Xornada das Letras Galegas 2016
03/05/2016 07:30

O Centro de Estudos Galegos da Universidade Estatal de Rio de Janeiro celebra as Letras GAlegas con diversas actividades: lectura de poemas, presentación de música galega e exhibición do documental Manuel María: Eu son fala e terra desta miña Terra.

Lectura dramatizada de textos de Manuel María
02/05/2016 07:30
O Centro de Estudos Galegos de París, co gallo das Letras Galegas, organiza unha lectura dramatizada de textos de Manuel María.