Temos dispoñibles para consulta 444 actividades
II Simposio Norteamericano de Estudos Galegos
14/04/2016 07:22

Pensado como continuación do primeiro congreso, organizado polo Galician Studies Research group da University of Wisconsin-Milwakee (EEUU), este segundo encontro de galicianistas norteamericanos na University de Michigan-Ann Arbor ten como obxectivo reunir os investigadores e profesores que traballan no campo dos estudos galegos no seu máis amplo sentido e dende calquera aproximación disciplinar ou multidisciplinar.

Homenaxe a Zamora Vicente
12/04/2016 07:22

No marco da Semana das Letras Complutense que este ano lle rende homenaxe ao profesor Zamora Vicente, o Centro de Estudos Galegos da dita universidade organiza un obradoiro de tradución multilingüe dun conto do ilustre romanista ao galego, ao catalán, ao portugués e ao romanés, así como un recital de poemas no que participará o alumnado de Lingua Galega.

Recital de Emma Pedreira Lombardía
12/04/2016 07:22

A poeta Emma Pedreira acudirá ao Centro de Estudos Galegos da Universidade de Salamanca no marco do ciclo "Demasiados zapatos para pulir. Lecturas contadas", onde sempre comentan a súa obra un poeta galego e outro prortugués.

IV Día da Galiza en Braga
12/04/2016 07:22

O Centro de EStudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) organiza a cuarta edición do Día da Galiza en Braga, que se celebrará con conferencias, concertos, recitais e degustación gastronómica.

Proxección d'A Esmorga
04/04/2016 07:22

O Centro de Estudos Galegos de Salamanca proxectará o filme A Esmorga (en VO galega con subtítulos en español), baseado na obra homónima de Eduardo Blanco-Amor.

A proxección estará precedida dunha presentación realizada pola lectora, Lorena Domínguez Mallo, e seguida dun tempo de comentario e/ou debate entre os asistentes.

Minicurso de introdución á lectura de textos teóricos de literatura
30/03/2016 07:22
O Centro de Estudos Galegos da Universidade Federal de Baía (UFBA) programa un minicurso para aproximar ao galego o alumnado que está cursando español no Instituto de Letras.
II Encontro Minho-Galiza
11/03/2016 07:22

O Encontro, cuxa segunda edición se celebra este ano, quere contribuír ao recoñecemento entre as culturas da rexión do Minho e Galicia, de raíces comúns.

Conferencia de Mario Regueira
11/03/2016 07:22

O escritor Mario Regueira visita Deusto convidado polo Centro de Estudos Galegos para impartir a conferencia "Por que abandonei a lingua da miña nai pola lingua da miña avoa".

Conversa coa escritora Ledicia Costas
29/02/2016 07:22

Ledicia Costas foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e Premio Lazarillo de Creación Literaria.

Entroido e imaxes en Galicia. Universidade de Deusto
16/02/2016 07:22

Conferencia da historiadora e fotógrafa Iria Pena, que fará un percorrido pola historia do Entroido en Galicia, acompañada de imaxes do século XX procedentes de diversos arquivos e autores que ilustran unha das nosas tradicións máis populares.