O galego crea ambiente

A Secretaría Xeral de Política Lingüística volve poñer en marcha esta campaña de verán dirixida á mocidade no marco dos festivais adheridos á iniciativa FEST GALICIA

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O cómico e dinamizador Víctor Grande

    O cómico e dinamizador Víctor Grande

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

  • O galego crea ambiente

    O galego crea ambiente

A campaña O galego crea ambiente pivota arredor da idea de que a lingua é un dos alicerces do desenvolvemento sustentable. Forma parte do noso patrimonio, xunto coa cultura, a paisaxe ou a biodiversidade. Un patrimonio que cómpre coñecer e valorar, transmitíndoo e dándolle vida co uso.

Dende os stands de AGADIC presentes nos festivais adheridos a FEST GALICIA, o cómico Víctor Grande fomentará a participación da mocidade en entrevistas e no concurso Pasa a palabra. Os gañadores dos concursos recibirán diferentes premios e, entre todos eles, sortearase unha bicicleta eléctrica.

Calendario

O galego crea ambiente estará presente nos stands do Fest Galicia en dez festivais, entre xullo e setembro:​

Xullo

  • Venres 5, no Festival Port América (Caldas de Reis, Pontevedra), das 18:00 ás 20:00 horas
  • Sábado  6, no Festival Resurrection Fest (Viveiro, Lugo), das 18:00 ás 20:00 horas
  • Venres 19, no 17º Ribeira Sacra (Adegas Regina Viarum, Sober, Lugo), das 13:30 ás 16:30 horas
  • Sábado 20, no Festival Vive Nigrán (Nigrán, Pontevedra), das 17:00 ás 19:00 horas
  • Venres 26, no Atlantic Fest (A Illa de Arousa, Pontevedra), das 19:30 ás 21:30 horas
  • Sábado 27, no Festival Sinsal (Illa de San Simón, Redondela, Pontevedra), das 17:00 ás 19:00 horas

Agosto

  • Venres 2, no Festival SonRías Baixas (Bueu, Pontevedra), das 20:00 ás 22:00 horas
  • Sábado 10, no Festival Revenidas (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), das 14:00 ás 16:00 horas

Setembro
Domingo 8, no Festival da Luz (Boimorto, A Coruña), das 17:00 ás 19:00 horas​

Sábado 21, no Festival Caudal Fest (Santiago de Compostela, A Coruña), das 12:00 ás 14:00 horas

FEST Galicia

FEST Galicia é a marca creada pola Xunta de Galicia para promocionar o territorio galego como destino musical, baixo criterios de calidade e sustentabilidade social. A marca acolle festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan por achegarlle valores engadidos á experiencia musical.

Os principais obxectivos de FEST Galicia son: posicionar os festivais galegos como produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promocionar os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e medioambiental e facer visibles as boas prácticas que sirvan como referencia para o sector.