Novas

Temos dispoñibles para consulta  857  novas

14/12/2025 12:08

O Salón Teatro recibe a coprodución do Centro Dramático Galego con Portugal ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’

O espectáculo chega a Santiago de Compostela cunha única función o martes 16, ás 20,00 h, trala súa estrea en Porto en novembro e o seu paso tamén por Lisboa

A peza, que conta no elenco coa actriz e cantante galega Inés Salvado Gontad, inspírase nos concertos de despedida do icónico cantautor portugués para ofrecer unha proposta que combina teatro, música e poesía

A compañía da Xunta de Galicia participa neste proxecto xunto ao Teatro Municipal do Porto, Teatro Experimental do Porto, Culturgest e Cineteatro Louletano

11/12/2025 08:33

Vigo acolle a preestrea de ’Rondallas’, a película de Daniel Sánchez Arévalo rodada en Galicia co apoio da Xunta

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompaña o equipo da longametraxe neste pase especial nos Cines Tamberlick, previo á súa chegada ás salas o vindeiro 1 de xaneiro

Para a súa filmación en diferentes localizacións pontevedresas, coa Guarda como epicentro, contou cunha axuda de 300.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes convocado polo Goberno autonómico

11/12/2025 03:46

López Campos considera o Premio Otero Pedrayo á Coral Polifónica de Pontevedra como “brillante alfinete” ao ‘Ano Castelao’

O representante da Xunta salienta o importante papel que o intelectual galeguista desenvolveu na formación como “fundador, presidente, escenógrafo e cantor”

“Premiamos e honramos a traxectoria e vixencia dun referente cultural actual e vivo”, destaca sobre a coral que celebra xustamente este ano o seu centenario

Este galardón ten a súa orixe en 1977 e, na actualidade, convócase en iniciativa conxunta das catro Deputacións galegas e o Goberno autonómico

10/12/2025 04:06

A Xunta premia cinco proxectos audiovisuais de escolares da Coruña, Laxe, Cospeito e Castroverde por promover a innovación científica en lingua galega

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, entrega os galardóns aos centros gañadores deste concurso, ao abeiro da celebración do Mes da Ciencia en Galego