Novas

Temos dispoñibles para consulta  872  novas

21/01/2026 07:04

A Xunta salienta o Premio Literario San Clemente como unha ferramenta de impulso da lectura entre o alumnado

O director xeral de Centros e Recursos Humanos e o secretario xeral da Lingua asisten á entrega destes galardóns impulsados polo Instituto Rosalía de Castro

Felicitan aos premiados nesta 29ª edición: Ledicia Costas, David Uclés e Lidia Jorge

16/01/2026 01:39

Valentín García anima á participación no inicio da oitava edición do programa ’21 días co Galego e +’

Na iniciativa, enfocada en incentivar o uso da lingua entre as xeracións máis novas, toman parte un total de dez colexios das catro provincias galegas

Destaca “a implicación de toda a comunidade escolar para fomentar o idioma con distintas propostas lúdicas”

Lembrou que se trata dunha proposta “que ten moi boa acollida ano tras ano e que contempla os centros educativos como espazos de socialización para a xente moza”

15/01/2026 03:17

A Xunta apoia a produción de tres libros de ‘Os Balbinos’ adaptados en lectura fácil en galego

Os volumes ‘Os Balbinos visitan os pazos de Galicia’, ‘Os Balbinos visitan os museos naturais de Galicia’ e ‘A Lúa e a Bal gústalles a música’ presentáronse esta mañá

As obras inclúense nas axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude neste eido que buscan facilitar o acceso á información na liña da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia

O Goberno galego leva investido máis de 100.000 euros nestas convocatorias desde o 2023

13/01/2026 02:33

A Xunta convoca as axudas para proxectos que fomenten o uso do galego nos centros educativos

A iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, xunto coa Consellería de Educación, pretende impulsar accións que axuden a percibir a utilidade da lingua

As propostas deben ser presentadas polos equipos de dinamización lingüística ou polo profesorado, que teñen un mes a partir da publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia

09/01/2026 02:26

Valentín García gaba “as iniciativas que achegan o uso do galego aos espazos de socialización dos centros educativos”

Máis de 2.600 alumnos participarán na cuarta edición do ‘Modo Galego, Actívao!’

O secretario xeral da Lingua destaca a importancia “de implicar ás xeracións máis novas no compromiso co prestixio do noso idioma e a nosa cultura”

O proxecto pretende explorar novas maneiras de dinamizar a lingua entre a mocidade e avaliar os seus resultados

07/01/2026 03:33

López Campos enxalza “o consenso e unión entre todos os galegos” ao redor da figura de Castelao, ao que erixe como “símbolo universal de Galicia”

Destaca que a declaración da Xunta do ‘Ano Castelao’ permitiu unha maior proxección do seu legado e da cultura galega a través dunha “ampla programación”

Empraza a institucións e sociedade a sumarse á celebración do ‘Ano Oteriano’, “outro referente esencial das letras, o pensamento e identidade galega contemporánea”

07/01/2026 02:43

A Xunta ergue o pano de 2026 no Centro Dramático Galego coa estrea da versión teatral de ‘Memorias dun neno labrego’ en homenaxe a Neira Vilas

Producida xunto á compañía Contraproducións e dirixida por Cándido Pazó, poderá verse no Salón Teatro de Santiago desde mañá ao 25 de xaneiro e do 11 ao 15 de febreiro, ademais de noutra decena de localidades galegas

Xúlio Abonjo, Manuel Cortés, Iris Darriba, Mónica García, Federico Pérez Rey, Santi Romay e Ana Santos danlle vida sobre as táboas á historia de Balbino 65 anos despois da súa publicación e 10 do pasamento do seu autor