O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Política Social e Xuventude, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Feiraco lanzan un ano máis a campaña das Letras Galegas 2023, na que se inclúen unha serie de accións de dinamización da lingua galega coas que a cooperativa agrogandeira galega se suma á festa do 17 de maio desde o ámbito socioeconómico, entre elas o XI Certame de Certame de Relatos Breves Feiraco. Letras Galegas 2023.
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a IX Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego.
A Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Anual para alumnado de ESO e bacharelato correspondente ao curso 2022-2023 para contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.
Resolución do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia, que se desenvolverán en Santiago de Compostela do 3 ao 24 de xullo de 2023.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.
RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).
- Resolución do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4 Ligazón ao DOG
- Resolución pola que se fixan as datas de realización das probas Ligazón ao DOG
A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a segunda edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.