ORDE do 13 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2022, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).
- Orde de convocatoria Ligazón ao DOG
- Extracto da Orde Ligazón ao DOG
Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2021-2022.
Ofértanse nove postos de traballo vinculados ao proxecto Nós a través da convocatoria pública 3/2022, publicada o 8 de xullo de 2022, cunha duración de 29,5 meses.
Resolución da X edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.
Co gallo de promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Secretaría Xeral de Políticas Culturais, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada, convoca o “XVI Certame de Investigación Condado de Pallares”, que se rexerá polas seguintes BASES.
ORDE do 30 de novembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento PL500B).
- ORDE do 30 de novembro de 2021 Ligazón ao DOG
- Extracto da Orde do 30 de novembro de 2021 Ligazón ao DOG
A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décimo sexta edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
ORDE do 30 de novembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento PL500A).
- ORDE do 30 de novembro de 2021 Ligazón ao DOG
- Extracto da Orde do 30 de novembro de 2021 Ver Extracto da Orde do 30 de novembro de 2021
Resolveuse o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte ... nas Ondas!
O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.