Temos dispoñibles para consulta 433 convocatorias
XXXV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)
24/01/2023 15:35 Premios e certames

O Concello da Estrada, en colaboraciónc oa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convoca o XXXV Premio de Novela "Manuel García Barros" (Ken Keirades), cunha dotación económica de 9.000 euros.

PRAZO: O prazo de presentación de orixinais remata o 1 de abril de 2023.
III Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
12/01/2023 08:25 Premios e certames

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca a terceira edición do Premio Alberte Quiñoi para álbums ilustrados infantís de tema libre. 

Bases da primeira convocatoria do repositorio <em>TeCe Redes en galego</em>, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021/22
12/12/2022 10:15

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica esta convocatoria orientada a crear un repositorio de proxectos dixitais e de servizos presenciais que nutran os seus programas de dinamización lingüística dirixidos á poboación nova e de transmisión xeracional da lingua galega. Na súa denominación empréganse as letras T, C e R para se referir, respectivamente, ás accións de "transmitir", "comunicar" e "tecer redes". O repositorio de proxectos TeCe Redes en galego incorpórase como unha nova sección dentro do Fondo Xacobeo 21-22.

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PR004A
Premio Irmán Reboiras ás Mellores Iniciativas de Fomento do Galego de Escolas Católicas de Galicia
28/10/2022 10:45 Premios e certames

Escolas Católicas de Galicia organiza, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da editorial Rodeira-Edebé, o Premio Irmán Reboiras ás Mellores Iniciativas de Fomento do Galego, co obxectivo de impulsar a dinamización da lingua, recoñecer o labor realizado neste ámbito polos EDLG e os seus membros, e dar a coñecer e compartir os seus logros máis significativos en prol do coñecemento e uso da lingua galega.

III Premio de Novela da Galicia Rural
17/10/2022 10:35 Premios e certames

As propostas serán enviadas antes do 15 de decembro do 2022 e o ditame do xurado farase público no mes de febreiro do 2023.

04/10/2022 14:35 Formación

Orde do 13 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2022 (código de procedemento PL500E).

04/10/2022 14:30 Formación

Orde do 13 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o 2022 (código de procedemento PL500F).

12/09/2022 13:30 Formación

Resolución do 20 maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso escolar 2022/23.

31/08/2022 13:55 Probas

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

  • Resolución do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 Ligazón ao DOG
  • Resolución pola que se fixan as datas de realización das probas Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500C
27/07/2022 10:00 Axudas

Orde do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PL400A).

  • Orde de subvencións ás entidades locais para a promoción da lingua galega (PL400A) Ligazón ao DOG
  • Extracto da orde de subvencións ás entidades locais para a promoción da lingua galega Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400A