-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
Día Europeo das Linguas
Día Europeo das Linguas
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, súmase a esta celebración que, cada 26 de setembro, nos lembra a importancia e mais a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas. Como nos últimos anos, este 2026 faino mediante un acto institucional que inclúe a lectura de textos dramatizados e de poemas a cargo de alumnado do IES Xelmírez II de Santiago de Compostela, alumnado que poderá ser secundado a seguir polo público asistente que desexe compartir a súa lectura. Haberá ademais unha exposición de libros editados pola Secretaría Xeral da Lingua, que os participantes poderán levar consigo ao finalizar o acto. Este terá lugar o venres 25 de setembro, na véspera do Día Europeo das Linguas, nos soportais do Museo das Peregrinacións, na praza compostelá de Praterías, ás 19:00 horas.
Obxectivos da celebración
Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son:
- Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
- Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
- Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos.
Este ano, o Consello de Europa propón celebrar o Día Europeo das Linguas baixo o lema "As linguas únennos!". Faino co convencemento de que os idiomas son un medio poderoso para fomentar a comprensión intercultural e un compoñente fundamental do rico patrimonio cultural de Europa.
Diversidade lingüística en Europa
- En todo o continente europeo existen máis de 225 linguas nativas.
- A Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias.
- Por outra banda, no territorio da Unión fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.
Documentos relacionados
-
Informe do Parlamento Europeo PDF