Temos dispoñibles para consulta 169 convocatorias
XXXV Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas
06/03/2025 10:30 Formación

A Secretaría Xeral da Lingua, a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas.

17/02/2025 10:00 Premios e certames

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan o concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua das cantareiras e a poesía popular oral, as figuras homenaxeadas en 2025 no Día das Letras Galegas, e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que viviron.

Lingua de Namorar 2025
14/02/2025 08:30 Premios e certames

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

IV Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer
05/02/2025 14:55 Premios e certames

A asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, convoca a cuarta edición edición deste premio de literatura infantil destinado a concienciar sobre a enfermidade do Alzhéimer e outras doenzas varias que implican a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade, así como establecer vínculos a través da literatura entre as distintas xeracións.

XXIX Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares
20/12/2024 10:10 Premios e certames
V Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
20/12/2024 10:05 Premios e certames
19/12/2024 14:45 Premios e certames

Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023-2024.

Simposio Luísa Villalta
13/11/2024 11:00 Formación