Temos dispoñibles para consulta 169 convocatorias
Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2023-2024
09/11/2023 10:15 Premios e certames

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023/2024.

27/06/2024 17:05 Formación

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Proposta definitiva de resolución das axudas aos proxectos de fomento do galego dos centros públicos
20/06/2024 16:00 Axudas

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento PL500A).

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL500A
Convocatoria Mostra Creativa
14/06/2024 11:00 Premios e certames

 Ao abeiro do Festival IKFEM. 

Lingua de Namorar 2024
25/04/2024 12:30 Premios e certames

As consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de Política Social e Xuventude, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

Xornada do Día das Letras Galegas. Luísa Villalta
19/04/2024 12:30 Formación

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a X Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista a autora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega, Luísa Villalta.