Temos dispoñibles para consulta 170 convocatorias
Premio anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e bacharelato
29/03/2023 08:45 Premios e certames

A Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Anual para alumnado de ESO e bacharelato correspondente ao curso 2022-2023 para contribuír ao coñecemento da personalidade do escritor e a perpetuar a súa memoria e obra entre as mozas e mozos galegos.

Resolución do Concurso-Exposición Letras Galegas 2023
15/02/2023 13:15 Premios e certames

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

II Premio de Literatura Infantil Simbad para o recordo e o alzhéimer
26/01/2023 12:45 Premios e certames

A Asociación Agadea Alzhéimer, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e outras entidades, convoca a segunda edición dun certame literario destinado a concienciar a sociedade sobre a enfermidade do alzhéimer e outras doenzas varias que comparten a deterioración cognitiva e a perda da memoria e da identidade.

XXXV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)
24/01/2023 15:35 Premios e certames

O Concello da Estrada, en colaboraciónc oa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convoca o XXXV Premio de Novela "Manuel García Barros" (Ken Keirades), cunha dotación económica de 9.000 euros.

PRAZO: O prazo de presentación de orixinais remata o 1 de abril de 2023.
III Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
12/01/2023 08:25 Premios e certames

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca a terceira edición do Premio Alberte Quiñoi para álbums ilustrados infantís de tema libre. 

Bases da primeira convocatoria do repositorio <em>TeCe Redes en galego</em>, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021/22
12/12/2022 10:15

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica esta convocatoria orientada a crear un repositorio de proxectos dixitais e de servizos presenciais que nutran os seus programas de dinamización lingüística dirixidos á poboación nova e de transmisión xeracional da lingua galega. Na súa denominación empréganse as letras T, C e R para se referir, respectivamente, ás accións de "transmitir", "comunicar" e "tecer redes". O repositorio de proxectos TeCe Redes en galego incorpórase como unha nova sección dentro do Fondo Xacobeo 21-22.

CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PR004A
Premio Irmán Reboiras ás Mellores Iniciativas de Fomento do Galego de Escolas Católicas de Galicia
28/10/2022 10:45 Premios e certames

Escolas Católicas de Galicia organiza, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da editorial Rodeira-Edebé, o Premio Irmán Reboiras ás Mellores Iniciativas de Fomento do Galego, co obxectivo de impulsar a dinamización da lingua, recoñecer o labor realizado neste ámbito polos EDLG e os seus membros, e dar a coñecer e compartir os seus logros máis significativos en prol do coñecemento e uso da lingua galega.

27/07/2022 10:00 Axudas

Orde do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PL400A).

  • Orde de subvencións ás entidades locais para a promoción da lingua galega (PL400A) Ligazón ao DOG
  • Extracto da orde de subvencións ás entidades locais para a promoción da lingua galega Ligazón ao DOG
CÓDIGOS SEDE ELECTRÓNICA: PL400A
Resolución dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística 2021-2022
20/07/2022 09:35 Premios e certames

Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2021-2022.

 Nós tamén creamos! 2021/2022 - curtametraxes premiadas
05/07/2022 10:30 Premios e certames

Resolución da X edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.