Temos dispoñibles para consulta 170 convocatorias
XIX Xornada de Normalización Lingüística
13/11/2023 10:00 Formación

A XIX Xornada de Normalización Lingüística, organizada por Ferega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade aberta tanto a docentes de centros públicos como concertados e privados.

IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
10/11/2023 08:15 Premios e certames
XXXVI Edición do Premio de Novela Manuel García Barros
10/11/2023 08:15 Premios e certames
XXVIII Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares
10/11/2023 08:15 Premios e certames
Xornadas Olladas no Pasado 2023
03/10/2023 10:00 Formación

Ramón Piñeiro e o seu tempo, 1915-1990. 40 anos de Lei de Normalización Lingüística

Xornadas ‘Palabra e imaxe ou xeitos de narrar Compostela’
20/09/2023 16:00 Formación

Obradoiro teatral, obradoiros de escrita, relatorios e outras actividades que tratarán os lazos entre literatura e Compostela.

Concurso Balbino de Relatos
20/02/2023 11:20 Premios e certames

Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra, e coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas, convocan a oitava edición deste certame literario.

I Premio de Oratoria en Formato Podcast
01/09/2023 10:25 Premios e certames

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o I Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo".

Resolución de axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares non universitarios
03/08/2023 09:30 Axudas

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 18 de abril de 2023.

11/07/2023 08:00 Premios e certames

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a décimo sétima edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.